martes, 31 de marzo de 2009

O FORO VALDEORRAS SÉCULO XXI, ¿EXÍSTE?


Dende AEVA e outros sectores económicos buscouse no seu momento constituír unha especie de foro ou "lobby" valdeorrés, que aglutinando ás forzas politicas e sindicais da comarca, puxése o nome de Valdeorras en todos os puntos de decisión económica, cultural e social de Galicia. O fin estaba moi claro, que Valdeorras e as súas potencialidades tivesen "cara" para as institucións que manexan os destinos da nosa comunidade, fundamentalmente Xunta de Galicia. E así cunha suma de institucións, sindicatos e empresarios, proxectar a nosa comarca.

Hoxe, despues dun tempo máis que dabondo dende a súa constitución, o intento móstrase fallido. En primeiro lugar falla na posta en practica do experimento, a súa planificación adolece dun verdadeiro peso vertebrador, a columna do mesmo descansa fundamentalmente no poder empresarial, e este, demasiado ocupado como está de mirarse o ombligo e os seus problemas, carece de tempo e recursos para dotar a iniciativa. En segundo lugar falla o posicionamiento das institucións politicas "invitadas", os Concellos adheridos son meras comparsas de acompañamiento dos actores principais, os cales ostentan a presidencia e a toma de decisións nas iniciativas, que dito sexa de paso limitáronse a presionar ás/os Conselleiros do bipartito, directores xerales e provinciais, co fin último de arrimar o ascua ao seu interese. E en terceiro lugar falla a pata máis básica en todo este entramado, a sindical, a representativa da forza social, que a falta de tomar o touro polos cornos, fai mutis polo foro, e limítase a asistir ás reunións sen buscar un protagonismo nestes momentos máis que necesario.

As carencias están claras, falta de liderado nunha iniciativa que prometía ser a converxencia de todos os sectores civís da sociedade Valdeorresa, e por omisión, delegación do proxecto exclusivamente na "pata" empresarial.
O máis penoso do resultado, é que un intento deste calado, e co apoio institucional co que nacia, tivo un percorrido miope e que á vez queimou boa parte das posibilidades de operatividad de iniciativas similares. Falta de perspectiva, falta de liderado, visión cortoplacista e egos moi evidentes.

Só podemos esperar que os que realmente poden liderar unha iniciativa tan prometedora, salgan canto antes da encerrona dese Foro moribundo, e decídanse a actuar coa vista posta no presente e a cabeza no futuro. ¿Será moito pedír?...veremos. Pola contra, témo que agora que mudaron os residentes de San Caetano o Foro de Valdeorras sexa coma o "huevo", xa saben aquilo de, "o Foro e o huevo", non me extranaría nada que rexursa da súas cinzas, tempo o tempo.

A DEPUTACIÓN DE OURENSE


A forza de ser cotián pode chegar a parecer menos grave ou importante, pero as practicas coas que que un dia se e outro tamen regálanos dende a Deputación de Ourense o seu "amo e señor", o todopoderoso Baltar, son dun calibre tal que a forza de tempo estan laminando pobo a pobo, aldea a aldea, toda posibilidade de desenvolvemento articulado da sociedade civil. As Deputaciós, como instrumentos de investimento local, e prestatarias de servizos comúns ou mancomunados ás poboacións que pola súa insuficiencia presupuestaria non poden ofrecer eses servizos, xogan un papel politico que non se lle escapa ao actual Presidente, é por esa vía por onde exerce a súa influencia, se observamos o capitulo de investimentos, xa de por se amputado pola excesiva adicación ao endeudamento e sobre todo a persoal, verdadeira sangría inxustificada do ente provincial, observamos que están maioritariamente concedidas a nucleos de poboación con alcaldes Populares, nunha porcentaxe escandaloso. Os procedementos de contratación, de adxudicaciós etc...teñen inequivocamente un selo moi persoal, iso é facilmente comprobable, é o universo Baltarista, anacronico, cuasi feudal...algo efectivamente único.

Cambiar iso,é dificil, sumamente dificil, primeiro porque entra en xogo o sistema de elección para o cargo de Presidente, por medio de circunscripciós comarcais, ou de partido xudicial para ser máis exactos, o número de concelleiros deciden os deputados provinciales electos, e tendo en conta a dispersión poblacional, o número de concellos resultantes e a proporción deles en mans Populares, esta misión se antoxa farto dificil. Un segundo factor é o comentado implicitamente ao principio, isto é a lealdade debida de toda unha tea de araña tecida en torno ao medio rural e as posibilidades que outorgan a discreccionalidade dos metodos empregados por Baltar. En resumo, a consecución dun cambio máis que necesario no ente provincial ten agora mesmo un horizonte mais ben afastado, e é algo sobre o que hai que ser realistas, máis que posibilistas. Isto non quere dicir que non haxa sintomas de fisuras nese teito granítico construído polo señor Baltar, as vilas medianas como O Barco e Carballiño están en mans Socialistas, pero o verdadeiro cambio ten que vir necesariamente dos nucleos pequenos, e iso implica un traballo intenso neles que some esforzos , perdido un soporte vital como era a Xunta, agora toca xogar coas estruturas do partido e coa colaboración de todo os concellos da provincia en mans Socialistas, e se finalmente confórmase unha superestructura provincial, esta ten que dotarse dun plan director, que teña uns obxectivos moi claros e definidos que pormenorizadamente ataquen o problema de xeito individualizada dentro dese "contenedor estructural". Esperemos que as lecturas que se fagan desde os organos do Partido Socialista vexan as necesidades e carencias, para poder enfocar con posibilidades de éxito unha loita actualmente moi desigual.Es sobor de todo,esperemos cá resultante dise congreso provincial do PSdG-PSOE asuma a transversalidade do novo partido que reclaman os militantes, e finalmente sirva de verdade para realizar a catarse que necesita Ourense. Opinémos todos.

sábado, 28 de marzo de 2009

AS ENQUISAS, FERRAMENTAS PARA UNHA GOBERNANZA AXEITADA


Establecer unha correlación que mostre un alto grado de fiabilidade entre o votado polos electores o pasado 1 de marzo e a súa porcentaxe de impacto nas eleccións locais, requeriría un serie de muestreos continuados, pormenorizados e que indagasen nas particularidades sociolóxicas de cada comunidade ou pobo, para así tratar de establecer unha base de datos agregada que reflectise unha tendencia cuns marxes aceptables de erro. Esta sería unha tarefa necesaria nun momento como este, e cun horizonte electoral a medio prazo determinante. Non se trata, creo eu, tanto de "pulsar" o estado e tendencias do electorado a nivel local, como de prover unha serie de escenarios posibles que nos axuden a establecer un diagnostico continuado.

Ter dispoñible desta forma un mosaico do posible comportamento electoral e as súas tendencias, non quere dicir que isto teña que ser un "oraculo" de consulta de obrigado cumprimento, gobernar a golpe de "enquisa" é algo impredicible e creo que profundamente parcial e despersonalizado, unha opción politica preséntase ante o electorado cun programa politico a desenvolver e un primeiro candidato que busca o aval do mesmo, - as eleccións municipais teñen unha formulación no noso país que prima ao candidato a alcalde por encima do acompañamento na lista que presenta, é obvio-, teñamos en conta que as modificacións que se suscitaron para reformar a Lei de Bases de Réxime Local, diríxense a "primar" a "potestas" do alcalde como figura aglutinadora de boa parte da capacidade executiva que aínda reside no pleno municipal, pero ese é outro debate.

Cun contínuo de muestreos municipais actualizados, sobre todo en poboacións nas que os contactos diarios coa cidadanía son moito máis aleatorios en función do seu número de habitantes, teriamos unha ferramenta de análise que nos axudaría a detectar disfunciones e malas prácticas para así incidir positivamente nesas areas, todo iso en beneficio da gobernanza, concepto que por certo ten un amplo significado e aplicacións para a practíca política municipal, nun plano de busqueda do desenvolvemento sostenible nos núcleos de poboación.

En resumo, e para non entrar en tecnicismos e galimatías, as técnicas de investigación social ao servizo da boa práctica politica nos concellos, terían que esta normalizadas, e non circunscritas exclusivamente ás "fontanerías" dos aparellos dos partidos, cuxa utilización das mesmas é a miúdo mal entendida polos electores.

Aproveitando este foro, rompo unha lanza para a desmitificación dos sondeos, enquisas e muestreos variados, e propoño a súa utilización "limpa" e "transparente" ao servizo dos municipios no seu conxunto

viernes, 27 de marzo de 2009

AS CRISES LÉVANSE GOBERNOS POR DIANTE


Agora multiplícanse os analisis electorais, e trasládanse con toda lóxica ao escenario local. Estamos vendo como se analizan e desmenuzan eses datos electorais e extráense conclusións xerais e particulares, neste acto de contricción xeneralizado na esquerda galega.

Falemos de Valdeorras, falemos de O Barco, os malos resultados conseguidos polo PSdG-PSOE, malamente diluídos nun aumento de pouco máis de 700 votos, non ocultan un mal xeneralizado que afectou a toda galicia, un descenso ou un ascenso insuficiente que trouxo consígo o xa visto. A distancia entre o PPdG e o PSdG-PSOE en O Barco aumentou a mais de 8 puntos, hai que tomar nota, comenta a militancia socialista, e xa falan de novas formas de enfocar a relación cos veciños, menos soberbia din uns, máis proximidade din outros, cambio xeneralizado reclaman algúns...Se existe algo constatado é que as dinamicas que tan bos resultados deron ata o momento xa non serven en todos os seus térmos, algo fallou, e aínda sabendo que non se vota do mesmo xeito nuns comicios autonómicos e nuns locais, hai elementos suficientes, - na rúa, en diversos circulos culturais, sociais-, que nos indican a necesidade de correccions máis aló de entonar un "mea culpa".

As intensas accións en materia urbanistica, medio ambiental, social...durante os preto de 10 anos no Goberno Municipal de O Barco, indican un profundo cambio operado nesta poboación, é algo que salta á vista e non aguanta un análise comparativo con calquera outra época pretérita, pero esta dilatada acción de goberno, necesariamente deixa restos, o pendulo que conleva unha longa executoria politica ten no seu retorno sempre unha acumulación de pequenos factores negativos que inevitablemente van sumando. Isto pódenos levar á conclusión de que unha intensa actividade transformadora ten que ir acompañada dunha tamén intensa labor de transversalidade e conexión cos electores, e iso non se consegue soamente construíndo e reparando en crave "cemento", tamen é necesario impulsar unha politica que busque a complicidade e a proximidade co cidadán, todo isto é complementario, porque morrer de éxito é un risco demásiado coñecido na cultura politica do noso país como para non telo baixo control.

Como última reflexión, o camiño que transcorre entre o 1 de marzo pasado, e o ano 2011, data das eleccións municipais, é un carreiro costa arriba no que nada está consolidado, todo o feito non garante nada, esíxese un plus de creatividade politica e de transformación ou reinvención, e ademais, non esquezamos que como díxolle Felipe González en Vilagarcía durante a pasada campaña electoral a Emilio Pérez Touriño, "as crises lévanse por diante aos gobernos", un factor decisivo que vai a planear persistentemente durante bastante tempo, e que nos guste ou non, vaino a utilizar o PP, e sen dúbida con saña.

jueves, 26 de marzo de 2009

A COMUNICACIÓN POLÍTICA, UN FUTURO PROMETEDOR


Sempre consideramos a comunicación como unha ferramenta básica no ámbito político, todos sabemos que cando se trata de vender algo, o "marketing" relacional nas súas moitas facetas é parte dese vehículo que nos leva ata o potencial "cliente" ou elector. Todos quedamos ata certo punto sorprendidos coa campaña desenvolvida polo equipo do Presidente dos EE.UU, Barack Obama.

O verdaderamente impactante e novedoso na campaña dos demócratas Estadounidenses foi a utilización masiva das novas tecnoloxías como "vehiculo de transporte" da mensaxe de Obama. Agora ben, trasladar esa inxeñieria de campaña á vella Europa non é agora mesmo nin adecuado nin realista. Non é adecuado porque o nivel de penetración das TIC na sociedade Europea mantense aínda nun nivel notablemente inferior ao da sociedade norteamericana, ata nun 30% - outra consecuencia de decadas envorcados no tan traido e levado I+D+I -,e non é realista porque os sistemas politicos europeos distan do Norteamericano tanto na organización , como nas normativas que os acompañan. Sumemoslle a iso unha composición social completamente distinta á europea e uns "cleavage", ou puntos de ruptura que se demostraron radicalmente distintos aos europeos.

Aquí en España, en Galicia, en Valdeorras, intentamos incorporarnos con maior ou menor éxito a unha corrente que intenta importar, coas súas limitacións, algo dese "marketing político" que revolucionou as eleccións Estadounidenses e a forma de actuar no área da comunicación politica, os logros de momento son moi magros, empezamos a ver a incorporación dalgúns políticos en espazos persoais "blogs"- o do xefe da oposición en O Barco, Moisés Blanco-, incursiones en ferramentas de socialización que ofrece a web 2.0 -Facebook-, -Twenty...-, páxinas web etc...pero dunha forma un tanto dubitativa, tímida, como que a cousa é por obrigación, non porque crean realmente na potencialidad destes medios de comunicación social. É fundamental un cambio de mentalidad relacionado cun novo enfoque que debe adoptar a comunicación política, sen desechar os medios tradicionais, complementándose, para lograr o que realmente búscase que é o contacto co maior número posible de "clientes" ou electores, e a recepción adecuada por estes da mensaxe que se lle quere transmitir.

A tarefa é lenta, e en escala, porque os cambios flúen estadisticamente de maior a menor poboación.Pioneira en España foi a iniciativa de apertura en rede do Concello de Barcelona, pero repito, quizais seguimos máis centrados na oferta de servizos institucionais, plasmando sencillamente o que xa se podía tramitar personalmente, que na procura dunha maior complicidade co usuario, dunha maior interacción, isto no plano de servizos institucionais ao contribuinte. Na esfera política aínda nos atopamos nos inicios desa "revolución á Norteamericana", desa verdadeira interactividad entre o político que busca, que quere colaborar co elector ,que quere conectar co seu medio...O futuro indicará a medida dos cambios que se aveciñan, mentres tanto, sigamos avanzando.

miércoles, 25 de marzo de 2009

A CRISE INSTITUCIONAL, UN ESPELLO QUE NON CHEGA


Todo se circunscribe á crise mundial na que estamos inmersos, ou iso é o que parece, teoría valida se o que pretendemos é explicar unha contorna xeneralizada de depresión económica na cal España e os paises da UE teñen un denominador común.

Pero unha vez comprendido o contexto non podemos meter no mesmo saco a outra crise, a que afecta a determinadas institucións de goberno. Nesta provincia galega, Ourense, a crise na que perpetuamente atópase a Diputación gobernada por Jose Luís Baltar, ten un compoñente profundamente perverso, explícome, dende os seus inicios este Ente Local foi gobernado primeiro polos ex UCD e os Centristas de Galicia, e máis tarde polos seus herdeiros, o Partido Popular, á fronte dos cales atópase o tambien ex-centristas de Galicia Jose Luís Baltar. Actuando como Saturno pero á inversa, Baltar devorou ao seu "pai politico", Victoriño Núñez, ao cal enviou no seu momento á presidencia do parlamento Galego, pensado este que desde a atalaya parlamentaria tería baixo o seu control o seu feudo provincial, nada máis lonxe da realidade, o "mestre nacional" Baltar, maniobraba para sumar adhesións inquebrantables na provincia, e aproveitando a súa facilidade para a "chabacanería rural", meteuse no peto a un bo número de concelleiros e alcaldes para así refrendar o seu asalto definitivo á Diputación provincial. Toda unha xogada mestra, e unha demostración da politica clientelar que logo desenvolveu, impregnando os tecidos politicos e sociais da provincia cos seus percorridos e dádivas con peaxe incluído. Como se pode deducír, isto foi produto de anos e anos de practicas que incidian nunha problematica secular no rural galego, a dependencia da prebenda para unha sociedade que no seu momento foi incapaz de soltar amarras co favor debido, unha sociedade rural que vía como a falta de perspectiva e o illamento económico leváballes á resignación e o fatalismo pola vía da dependencia politica. Dependencia que transcorreu co paso dos anos, e aínda malia a mellóra substancial de todos os indicadores sociais e económicos nos últimos anos. Din que as sociedades modernas teñen que ter dous espellos retrovisores, un para non esquecer o seu pasado e aprender dos erros, e outro para encerrar nel todo o que non foron capaces de asumir e tèmen que algún día volva para quedarse.

Nesas estamos en Ourense, intentando instalar ese "espello en negro", cal caixa máxica ou caixón desastre, para encerrar alí os nosos malos intres e vergonzas própias. O problema reside en que os nosos demónios aínda campan polos seus respectos, e a ansiada e cada vez máis reclamada normalidad democratica nas institucións, non acaba de chegar ao Pazo Provincial. Ese espello do esquecemento tarda moito, quizais demasiado.

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONCEDE SEN AVAL TÉCNICO, MÁIS DE 2,7 MILLÓNS DE EUROS NUN ANO


Segundo publica hoxe o diario El País, os representantes do BNG na Diputación de Ourense denuncian o Kafkiano procedemento de concesión das axudas públicas que otorga a institución provincial. Concretamente denuncian a practíca habitual e caciquil do Presidente da Diputación, Jose Luís Baltar, de reparto discreccional das axudas nominativas sen seguir as pautas establecidas nas Leis Estatais do 2005 e Autonómicas do 2007 para a redacción dunhas bases reguladoras, ambas leis establecen que as institucións só poden conceder axudas nominais en caso de "urxente necesidade", procedemento que pasou a ser practica habitual no reparto que efectúa o Presidente Baltar. O BNG explica que Baltar concedeu por este procedemento nominal, máis de 2,7 millóns de euros durante o pasado exercicio de 2008, con outra particularidade, máis de 1,5 millóns dos anteriores, foron a parar a Concellos con Alcaldes do PP, escandaloso segundo os denunciantes, e unha mostra máis da disfunción que afecta á Diputación de Ourense.